transcript: Neses días fríos e chuviosos, cando te
esqueces do chuvasqueiro ou do paraugas e queres estar o máis seco posíbel… debes andar
e pasar máis tempo na chuvia? Ou debes correr, o que significa que che darán
máis gotas de auga do lado? Supondo que aínda non esteas enchoupado, e que
non andes a saltar nas pozas, a resposta é simple. Á medida que saes do camiño dunha
gota que cae, entras no camiño doutra. Así, a cantidade de chuvia que cae sobre
ti é constante, independentemente da velocidade. Alternativamente, podes
imaxinar que as gotas están paradas (igual que o chan debaixo de ti) e que te estás
a mover para riba contra a chuvia! E como o volume dun paralelepípedo
non depende da súa inclinación, non importa o rápido que te movas
horizontalmente, a mesma cantidade de chuvia caerá sobre ti en cada segundo. Agora, se non estás en movemento, só recibirás
a chuvia que cae sobre a túa cabeza. Mais se te estás a mover, tamén te mollarás coas gotas que
che darán de lado. Entón, en calquera segundo, estarás máis seco se ficas parado, e canto
máis rápido te movas, máis mollado estarás. Mais se estás a tentar ir dun punto A a un
punto B, ficar parado non vai axudar moito. E no camiño entre os dous puntos, a cantidade
total de chuvia que recibirás nos lados non ten relación coa velocidade con que
te movas, igual que un limpaneves quitará a mesma cantidade de neve da estrada
independentemente da velocidade a que vaia. No caso de correr na chuvia, podes chegar a
esa conclusión usando de novo os paralelepípedos. Entón, nun intervalo de tempo calquera, a mesma
cantidade de chuvia caerá sobre ti, independentemente da túa velocidade. E, para unha mesma distancia,
recibirás a mesma cantidade de chuvia nos lados, outra vez, independentemente da túa velocidade. Entón, o total de chuvia recibida é igual ao total por
segundo que recibes na cabeza polo tempo que pasas na chuvia, máis a cantidade de chuvia
recibida lateralmente por metro pola distancia percorrida. Daquela, para estar o máis seco posíbel ao ir dun punto
a outro, debes tentar reducir a cantidade de auga que cae sobre ti. Ou sexa,
iso significa saír da chuvia o máis rápido posíbel.
About
We publish the transcription of a YouTube video. This is useful for: search, language learning.